Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas

8 abr 2014

Os maios xa están aquí!!

 



PRESENTACIÓN DA FESTA DOS MAIOS 2014
Día 10 de Abril ás 20:00 horas
Auditorio do Multiusos de Redondela

3 abr 2014

VI Semana do Libro, "A Festa das Palabras"


As Bibliotecas de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística organizan novamente a “Semana do libro, a festa das palabras”, que este ano chega á súa sexta edición.
A oferta cultural deste ano está formada por unha exposición multilingüe, charlas e a presentación do libro de Gemma Sesar: VIDA DE NAI. 

27 mar 2014

O galego nos medios


Xa está aquí COMO CHO DIGO, unha campaña de visibilización do uso do galego nos medios de comunicación impulsada pola Coordinadora Traballadores-as Normalización Lingua.
Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, para visibilizar o uso do galego na comunicación. 

25 mar 2014

Programa de inglés no verán

"Programa Universities"
Contido:
Este programa son as Summer Universities, no cal mozos e mozas de entre 18 e 30 anos poden disfrutar dunha estancia de entre 1 a 3 semanas durante os meses de Xuño, Xulio, Agosto e Setembro en máis de 200 cidades que hay dispoñibles este ano con 2189 prazas, a un precio moi reducido (165€ de media), con aloxamento, actividades, talleres, excursións e media pensión incluidas.
Este programa busca dar a posibilidade a mocidade de coñecer novas culturas, vivir un intercambio cultural, aprender idiomas, fomentar a integración europea así como favorecer o asociacionismo.

2 mar 2014

Salón do LIBRO Infantil e Xuvenil de Pontevedra



A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”


                        Do 14 de marzo ao 5 de abril 

Máis información en http://www.salondolibro.org/

1 mar 2014

A festa dos Maios

"Maios de Redondela " é unha nova páxina que nos mostra as orixes desta festa. Aquí vos deixamos unha das súas entradas e un video moi interesante.

Mirar video Historia dos Maios


A festa dos maios de Redondela ten unha dilatada tradición no tempo. Son moitas as xeracións de veciños que cando nenos se entusiasmaron con ela formando parte dos numerosísimos grupos que traballaron na súa elaboración e mesmo na composición das coplas de inxeniosas críticas á institución ou aos personaxes populares de cadanseu tempo.


Tivo como todas as festas os seus momentos de esplendor e outros de decaemento. Xa que logo o Concello quere recuperar o entusiasmo de noutrora estimular a participación entre os rapaces e as organizacións sociais.

"Maios de Redondela" abre as súas portas para amosar ó que foi esta festa cun video producido hai vinte anos, e con fotografías que contaxien o entusiasmo para que as novas fornadas de nenos e nenas se incorporen a ela.





15 feb 2014

Proxecto docente en liña

Se tedes interese por mellorar a vosa competencia lingüística en lingua galega, non deixedes de seguir esta útil ferramenta na rede, da man de Helena Villar Janeiro.
                                                     Galego na Rede

13 feb 2014

La actitud del profesor


Alberca considera que la escuela está diseñada para el hemisferio izquierdo del cerebro, relacionado con la memoria y el análisis y no para el hemisferio derecho, vinculado a la creatividad y la intuición:«Se triunfa cuando se encuentran las claves para hacer un examen». Tanto padres como profesores, afirma, pueden hacer muchísimo para motivar a los niños. «Es verdad que hay alumnos sobreprotegidos, maleducados e insoportables. Pero a veces es la actitud del profesor la que puede cambiar la actitud del alumno.Cuando se conecta emocionalmente con él, el cambio es radical».
 "La Primaria debería centrarse sólo en leer (también números y estadísticas), hablar, escribir y pensar mejor»

Ler a reportaxe completa en http://www.elmundo.es/ciencia

8 feb 2014

Máis de 5000 documentais para gozar da natureza

05-02-2014

"RTVE.es lanza hoy la mayor web de documentales en castellano del mundo, con más de 5.000 títulos digitalizados para ver online. Somos Documentales, creada por el departamento de Interactivos de RTVE, ha buceado en el archivo histórico de TVE y ha rescatado con mimo las grandes cintas emitidas en su día por La 1 y La 2 para que puedan poder disfrutarse esta vez en Internet, tabletas, móviles y televisiones conectadas.
  • Cuenta con más de 5.000 títulos digitalizados y 20 estrenos semanales
  • Rescata las grandes cintas emitidas por TVE"

5 feb 2014

Nature SoundMap, o mapa dos sons da natureza no mundo


 Nature SoundMap é un mapa que ofrece moitos momentos de relax mostrándonos infinidade de sons naturais, procedentes de diferentes sitios do mundo, xunto con unha marca no mapa e unha pequena reseña sobre a zona.
nature

2 feb 2014

Oink! a revista galega para toda a rapazada

Oink! vai máis aló dunha revista infantil-xuvenil convencional, quere ser unha porta á curiosidade, á imaxinación e ao espírito creativo dos máis novos da casa.

 Información sobre a revista na páxina web: http://revistaoink.com