Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa. Podedes deixar aquí as vosas suxestións e críticas construtivas para mellorar, en todo o posible, o noso centro.

http://www.anpaceipsansalvador.com/ outeirosino@gmail.com

04 junio 2012

Habilidades básicas de axuda

Sete cortos dirixidos a pais e nais, mostran situacións diarias onde a educación emocional xoga un papel moi importante. Cómo xestionar o sentimento de culpa, a envidia que sinten os nenos e nenas, e outras emocións similares? 

Cada situación plantexada desdóblase en dúas versións diferentes de afrontar os conflictos que se plantexan. 


01 junio 2012

Axudas para compra de libros de texto

Convocadas as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.
Mais información no atallo http://www.edu.xunta.es/web/axudaslibros

CONSUMÓPOLIS


Consumópolis é un lugar con información e actividades sobre o Consumo Responsable, favorecendo a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes en prol dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.

Pincha aquí para entrar na cidade:   http://www.consumopolis.es/

31 mayo 2012

Esto no es crisis ...

Unha forma distinta de manifestar a nosa preocupación.
http://www.youtube.com/watch?v=zpgr9Ysa7AE

O galego como lingua


 A piques de abrirse o prazo de matrícula no ensino Infantil, a CIG fai un chamamento a nais e pais para que seleccionen o galego como lingua da casa cando o centro escolar, por mandato da consellaría de Educación, requira esta información. Só así se pode evitar que a consellaría faga un uso fraudulento das respostas de nais e pais para atacar unha vez máis a nosa lingua.

06 marzo 2012

30 enero 2012

Exposición "Amuletos: de rezos a conxuros"

Ata o: 15 de febreiro e nos horarios M-S 11:00 a 14:00 e 17:00 a 19:00
Lugar: MUSEO LISTE. Pastora, 22
Acceso: Gratuíto

 Mostra de máis de 100 amuletos aos que culturalmente se lle atribuiron propiedades máxicas.

ESPECTÁCULO DE CONTOS E CANCIÓNS “Amour, humour et poésie”


DATA: Domingo 08 de febreiro
HORA: 20:30
LUGAR: Auditorio do Concello de Vigo
ORGANIZA: Alianza Francesa de Vigo e colabora a Concellería de Cultura e Festas.


“Amour, humour et poésie” 
Unha conferenciante desmelenada e un músico disposto a todo, revelará todo o que sempre se quixo saber sobre o amor, o encontro, a vida en parella, a separación e o soño…facendo  un percorrido inesperado a través da canción francesa, tan rica en historias de amor.

07 noviembre 2011

Novembro de cine no Verbum

Tardes de cine no Verbum-Casa das Palabras, os domingos: 13, 20 e 27 de novembro ás 17,30 h.  A entrada é libre ata completar o aforo do local.Mais información no atallo http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=361

19 octubre 2011

Actividades da Concellería de Igualdade para outubro/novembro

“ A importancia da lactación materna ”
Colabora: Asociación pro-lactación materna DeLeite
Intervén: Iria Medranho e Xiana González - mércores, 26 de outubro ás 19.00 h


“ Os primeiros auxilios na vida cotiá ”
Colabora: Plan Saúde do Concello de Vigo - mércores, 9 de novembro ás 18.30 h


“ O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento ”

Colabora: Asociación Familiares Enfermos de Alzheimer-AFAGA
Intervén: Luz Pérez Pereira, Traballadora Social - mércores, 16 de novembro ás 19.00 h

“ Hábitos alimenticios para unha vida saudable ”
Colabora: Plan Saúde do Concello de Vigo - mércores, 23 de novembro ás 18.30 h

“Cómo afrontar a diagnose dunha enfermidade non común”
Colabora: Ela-España(Asociación española contra a Leucodistrofia) e ASEM-Galicia (Asociación galega contra as enfermidades Neuromusculares) - mércores, 30 de novembro ás 18.30 h

Para mais información preme na seguinte ligazón: www.igualdadevigo.org

30 septiembre 2011

29 junio 2011

Actividades de Verán en galego

Dende o 4 de xullo a 4 de setembro o servizo de Normalización Lingüística do concello de Vigo organiza os seguintes eventos:


Axudas para alumnos con necesidade específica


Aberto o plazo de solicitude das axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo (2011-2012) dende o 25 de xuño hasta o 22 de xullo.
Información no centro escolar e no seguinte atallo:
http://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

26 junio 2011

Acampada en Ribeira

Anímate a gozar da naturaleza. Para calquera dúbida chamar aos teléfonos: 609.727.995 / 659.456.829

¡Temos un novo blog do Club Aventura!


¡Ven a Participar!

07 junio 2011

Teatro Infantil " La divertida historia del Tesoro de Rande "

Representación no Cine-teatro Salesianos de Vigo o vindeiro domingo 19 de xuño.

Apto para todo o público en xeral, pretende transmitir valores educativos involucrando amor e respecto pola naturaleza.

Para máis información premer la ligazón www.cuentacuentosmagico.es  ou chamar ó número 626 776 614

"Jefes tóxicos en educación"

Dende a ANPA recomendámosvos o blog de Miguel Ángel Santos Guerra. Nel podedes ler cousas tan interesantes coma esta: "Jefes tóxicos en educación".

http://blogs.opinionmalaga.com/eladarve/2010/11/13/jefes-toxicos-en-educacion/

17 mayo 2011

14 mayo 2011

Campionato de karate maio 2011

Os nenos e as nenas de Kárate conseguiron dúas medallas de ouro e dúas de plata. Deste xeito conseguiron o terceiro posto nun campionato onde competían 7 grupos.
Parabéns para todos os participantes e parabéns para a actividade de Kárate

---------------------------------------------
Para ver a noticia na rede pincha no enlace:
http://www.farodevigo.es/deportes/2011/05/09/shotokan-gran-triunfador/542817.html

26 abril 2011

ACTO A PROL DA EDUCACIÓN EN GALEGO

A Comisión Promotora Galiza co Galego, en colaboración coa plataforma Prolingua, invítavos a participar no acto público a prol da educación en galego que terá lugar o venres 29 de abril, en horario de 20:00 a 21:30 horas, na Casa Galega da Cultura situada na Praza da Princesa do Concello de Vigo.

Programa:
Presentación a cargo de dona Iolanda Veloso Ríos, concelleira da Área de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Relatorios:
“Razóns para educar en Galego”.
Relatorio a cargo de D. Manuel Bragado Rodríguez, licenciado en Ciencias da Educación, mestre de educación infantil e primaria, ex presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega e director xeral de Edicións Xerais de Galicia.

“Linguas minorizadas europeas en proceso de normalización”.
Relatorio a cargo de D. Xosé-Henrique Costas González, lingüista, director de Normalización Lingüística e vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

“Construíndo futuro; escolas en galego”.
Relatorio a cargo da Comisión Galiza co Galego, con información sobre o traballo desenvolvido cara a facer efectivo o noso dereito á educación en galego.

Dende "Galiza co galego" agradecen a asistencia a este acto, así como a divulgación deste comunicado.

11 abril 2011

ENSINANDO A ESTUDAR

No seguinte aceso podedes observar unha historia real moi interesante referente a diferencia entre pensar e aprobar:  Ensinando a estudar

01 abril 2011

Un día de festa


Fai clic na ligazón para ir ás imaxes:

Tarde de teatro


Día del Libro Infantil
El Corte Inglés de Vigo conmemora o Día Internacional do Libro Infantil celebrando o nacemento do escritor
      Hans Christian Andersen.
 
  Por este motivo o sábado 2 de abril, as 18:00 hrs, na librería do centro comercial, haberá unha representación teatral de "Los cuentos de Andersen".

31 marzo 2011

Internet seguro para todos

Como sabedes, o pasado día 23, Luis Vilán do IES de Teis deunos unha charla sobre internet. Nesta ligazón podedes acceder a todos os recursos que nos presentou.

http://divulgatic.wordpress.com/

Debido ao interese que este tema espertou nas familias, dende a ANPA estamos valorando a posibilidade de organizar uns talleres para afondar no coñecemento dos pais e nais sobre a rede.


Terémosvos informados/as.

Día da Paz 2011

Todos os nenos e nenas, xunto coa comunidade escolar, cantaron e bailaron fermosas cancións.

Despois do traballo chegou a recompensa. Pais e nais colaboraron co profesorado e recuperaron folgos tomando un chocolate con biscoitos.

Isto si que dá enerxía!