Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com
Mostrando entradas con la etiqueta campamentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta campamentos. Mostrar todas las entradas

25 mar 2014

Campamentos de verán con Amigos da Terra!

130207_banho_campa_webÁbrese o prazo de inscrición para os campamentos de 2014 con Amigos da Terra! En As Corcerizas creamos un marco de convivencia e traballo en equipo no que se desenvolven os valores que defende Amigos da Terra baseados no respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva.
Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións, obradoiros creativos, xogos populares, dinámicas de grupo, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis información sobre o enfoque e actividades deste ano.
  • Do 1 ao 7 de xullo8 a 11 anos
  • Do 8 ao 14 de xullo12 a 15 anos

2 mar 2014

Campamentos A LANZADA 2014

Os campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada son un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, artísticas, deportes e xogos, entre outros. A estes campamentos pódense anotar os rapaces nacidos entre os anos 2001 e 2006, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 1 de abril de 2014
Logo do portal oficial da provincia de Pontevedra

Máis información e descarga de solicitudes en http://www.depo.es/web/edepo/803


22 nov 2013

Campamento con obradoiros en Nadal

Anpa "Cachamuiña"
CEIP CANICOUVA
Información e inscripcións: ampapereiro@hotmail.com
                         info@imaxina.net
Tlf:  666.801.652      671.659.204

15 jun 2013

Campamento urbán de verán en Bouzas

Como cada ano, a FUNDACIÓN IGUAL ARTE organiza o campamento de verán, que se leva a cabo no mes de xullo con numerosas actividades e saídas. Os talleres adáptanse ás idades e características do grupo, podendo ser semanáis ou quincenáis en horario de mañán ou de tarde.
LUGAR: Fundación Igual Arte, C/ Casiano Martínez, 34  Bouzas.
Prégase CONFIRMAR PRAZAS antes do 25 de xuño, xa que éstas son limitadas.

Para máis información chamar ao 986 246 535

Campamento de verán "Ensíname"


4 jun 2013

Summer Camp no Colexio Frián Teis


Lugar do Campamento:
Colexio CEIP Frián Teis
Camiño de Gonderán 42
Telf: 653 687 496

27 may 2013

Campamentos, Ludotecas e actividades de verán en VIGO

As actividades de Verán Xove 2013 van dirixidas á poboación infantil e xuvenil de Vigo. Polo tanto, é requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.

Campamentos urbanos para idades entre os 4 e os 17 anos. Inscrición online. Máis información www.vigo.org      www.vide.es

Ludotecas; inscrición presencialmente no espazo elixido e ata cubrir prazas. Gratuitos e para idades de 3 a 13 anos. Máis información no 010 ou no 986 810 260

Actividades xuvenís; desenvolvidas e dirixidas por e para o público xuvenil (13 a 35 anos) Castroconcertos gratuitos os venres e sábados. Súbete ao Castro e VIGOSÓNICO.

Voluntariado medioambiental ILLAS CÍES. Preinscrición en info@caminoacaminovigo.org. información en caminoacaminovigo.blogspot.com.es


Campamento no Centro Comercial Travesía

Descargar máis información

Pequeno Planeta - Campamento CEIP Lope de Vega

Descargar folla inscripción
Máis información actex@actex.es
Tlfs. 886 125 998  -  607 582 719

Campamento no Círculo Cultural de Chapela

























Máis información     bibliotecaccr@chapela.org