Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com
Mostrando entradas con la etiqueta Charlas orientativas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charlas orientativas. Mostrar todas las entradas

3 may 2013

CÓMO NOS AFECTA A NOVA LEI DE EDUCACIÓN?


ANPA “OUTEIRO DO SINO”
www.anpaceipsansalvador.com
anpaouteirodosino.blogspot.com


CHARLA INFORMATIVA
Coa finalidade de que as familias teñan información sobre a nova Lei de Educación (LOMCE) invitámosvos a participar na charla informativa organizada por FOANPAS que se celebrará o mércores, 8 de maio, no IES de Teis ás 18:30 h.
Podedes asistir acompañados dos nenos/as porque haberá servizo de ludoteca durante o actoÉ moi importante a vosa participación para que o esforzo de organización e de información que desenvolve FOANPAS non sexa en balde.

XOVES DIA 9, NON HABERÁ COMEDOR NIN ACTIVIDADES


ANPA “OUTEIRO DO SINO”
www.anpaceipsansalvador.com
anpaouteirodosino.blogspot.com


XORNADA DE FOLGA
O xoves, 9 de maio, está convocada unha xornada de folga polo ensino público. FOANPAS e a ANPA do CEIP San Salvador apoian esta convocatoria e as mobilizacións que terán lugar ese día:
-11:30 h. Saída da Praza de España. Convoca CIG-PLATAFORMA POLA DEFENSA DO ENSINO
-19:30 h. Saída do cruce de Urzáiz con Vía Norte. Convoca CCOO
Por este motivo, o xoves día 9 no colexio non se prestará ningún servizo dependente da ANPA: non haberá comedor nin actividades extraescolares.


2 may 2013

RELATORIO E ACTUACIÓN DE DANZA CONTEMPORÁNEA


Nexos. Crónica da condición feminina 
 
4 de maio - 12:00 horas
Centro de Innovación Cultural
  
A través da vida e obra de Clarice Linspector e Virginia Woolf, Nexos abordará a introducción dos enfoques de sexo e xénero no debate intelectual e político. As profesoras Carmen Blanco e Elena Losada serán as encargadas dun relatorio ao que seguirá unha actuación de danza contemporánea.
Inscricións de balde en www.cidadedacultura.org

29 abr 2013

FALADOIRO DE LIBROS E CHARLAS, MES DE MAIO



Actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas.

Actividades dirixidas a todas as persoas interesadas. Aforo limitado
Lugar de realización: Centro de Documentación e Recursos Feministas
Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yañez 6, 2º andar

CICLO DE CHARLAS. Historias vividas....e contadas polas súas protagonistas.
Mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo
  • Martes, 14 de maio ás 19:00. Mª Xosé Porteiro entrevista a ... Carmen Segurana. Sindicalista e impulsora do Movemento Democrático de Mulleres en Galicia.
  • Martes, 28 de maio ás 19:00. Mª José del Río entrevista a ... Antía Cal. Mestra e fundadora no 1961 da escola Rosalía de Castro de Vigo.

FALADOIROS DE LIBROS:

       . Martes, 7 de maio ás 19:00.
       Regreso a "Cantares Gallegos": identidades e crítica feminista onte e hoxe. Presenta María Reimóndez.

Mais información na web municipal www.igualdadevigo.org

3 abr 2013

FALADOIROS DE LIBROS E CHARLAS, MES DE ABRIL

A Concellería de Igualdade informa das seguintes actividades que se realizarán no Centro de Documentación e Recursos Feministas.

Actividades dirixidas a todas as persoas interesadas. Aforo limitado
Lugar de realización: Centro de Documentación e Recursos Feministas
Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yañez 6, 2º andar

CICLO DE CHARLAS. Historias vividas ... e contadas polas súas protagonistas.
Mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo

  • Martes, 2 de abril ás 19:00. Mónica Bar entrevista a ....Aurita González, Presidenta da Asociación de Mulleres Dorna.
  • Martes, 16 de abril ás 19:00. María Quintero entrevista a ....Mary Quintero. Fotógrafa profesional.
  FALADOIROS DE LIBROS:

      . Martes, 23 de abril ás 19:00.
       Liberarse de las aparicencias: género e imagen corporal. Pirámide, 2011. Presenta María Calado Otero

      Mais información na web municipal www.igualdadevigo.org


20 mar 2013

NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Xornadas abertas a profesionais do eido da educación, do sociosanitario e ás ANPAS. Nelas trataranse as Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e a inclusión educativa e social de nenos e nenas con NEAE. 
LIMITE DE PRAZAS



8 feb 2013

"A Voz, unha ferramenta para triunfar"

O venres 8 de febreiro a Concellería de Igualdade abre o prazo para que as mulleres que o desexen poidan inscribirse no Obradoiro "A Voz: unha ferramenta para triunfar" impartido pola actriz Uxía Blanco.

Trataranse as pautas para vocalizar e mellorar a nosa dicción e das técnicas de elaboración das mensaxes, entre outras materias.

A duración do obradoiro serán un total de 16 horas repartidas en 8 sesións de 2 horas cada unha.

Mais información de horarios e datas en: http://www.igualdadevigo.org/

12 dic 2012

OBRADOIRO DE DIVERSIDADE CULTURAL

“Construíndo convivencia: o valor da diversidade cultural no planeta”.
Taller con diversas dinámicas para cambiar o cristal da fiestra polo que habitualmente se mira o mundo e poder observar o planeta dun xeito integrado e corresponsable.
Xoves, 13 de decembro de 2012 no Instituto Municipal de Educación, de 18.00 a 20.00 h.

Necesario inscribirse a través do Tlf: 986 298 812, mediante Fax: 986 242 359 ou a través do correo electrónico foanpas@foanpas.com
 


4 jun 2012

Habilidades básicas de axuda

Sete cortos dirixidos a pais e nais, mostran situacións diarias onde a educación emocional xoga un papel moi importante. Cómo xestionar o sentimento de culpa, a envidia que sinten os nenos e nenas, e outras emocións similares? 

Cada situación plantexada desdóblase en dúas versións diferentes de afrontar os conflictos que se plantexan. 


31 mar 2011

Internet seguro para todos

Como sabedes, o pasado día 23, Luis Vilán do IES de Teis deunos unha charla sobre internet. Nesta ligazón podedes acceder a todos os recursos que nos presentou.

http://divulgatic.wordpress.com/

Debido ao interese que este tema espertou nas familias, dende a ANPA estamos valorando a posibilidade de organizar uns talleres para afondar no coñecemento dos pais e nais sobre a rede.


Terémosvos informados/as.