Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

18 jun 2010

Os Maios

A última festa dos Maios foi pasada por auga. Aínda así fomos quen de manter o tipo, cun maio de vangarda, moito traballo e ¡como non! unha gran colaboración de nais, pais, alumnos/as e a inestimable axuda dos/as veteranos/as que, ainda que xa non teñen fillos/as no centro, seguen a colaborar transmitindo o seu bo facer. Os Maios, coma sempre, é unha das festas máis alegres do barrio e, este ano o verde dos maios colonizou o colexio. A competencia entre os concursantes foi moi reñida e notouse o esforzo de todos os concursantes (Comisión de Festas, Hermanos Misioneros, ANPA do Ceip Praixal e, como non podía ser doutro xeito, a ANPA do Ceip San Salvador). Como resultado na competición: táboas. Un agradecemento especial a Miguel quen fixo posible a réplica da Ponte de Rande, grazas pola túa axuda e dedicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario