Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

14 jul 2012

A xente moza quere galego



Unha rapazada de Chapela, ao rescate da lingua galega



Alumnos, mestres, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños... En total unhas catrocentas persoas participaron o pasado 5 de xuño no IES de Chapela na gravación dun Lipdub que foi presentado publicamente e que é, sobre todo, unha inxección de alento para a lingua galega. Ironía, entusiasmo e mocidade logran nesta montaxe resucitar o idioma de Galiza e rescatalo do departamento de linguas mortas para asegurarlle un futuro que ten como banda sonora o I will survive, de Gloria Gaynor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario