Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

31 dic 2012

Contos e obradoiros o venres, 4 de xaneiro


10:45  e as 12:00 h Na ponte ao Vivo! no Auditorio Mar de Vigo
Avda. Beiramar, 59 / 986 13 79 40 (a partir de 3 anos)
Escenificación dun programa de radio en directo. Móntase un escenario que imita un aparello de radio, dentro do que se realiza un programa radiofónico dirixido por Xurxo Souto. As cativas e cativos poderán participar e descubrir o mundo da radio de preto, xa que se poden sentar na mesa de locución e acompañar o condutor do programa. Bailar, cantar e sentirse profesionais da radio por un intre.

12:30 h Conto viaxeiro, na Ludoteca de Bembrive
Centro Cultural Helios, Alameda do Torreiro / 886 12 59 98 (a partir de 3 anos)
  
16:30 e 17:30 h Fai un títere, no Auditorio Mar de Vigo
Avda. Beiramar, 59 / 986 13 79 40 (pedir boletín inscrición)
Con materiais e elementos sinxelos construirase un títere de variñas.

18:45 h Polo correo do vento, no Auditorio Mar de Vigo
(a partir de 3 anos) con intérprete de lingua de  signos
"A longa viaxe de Panchito". Conto ilustrado no que se tentará realizar unha maridaxe entre a narración, a música e a ilustración. Así, mentres o narrrador conta a historia acompañado, nalgúns momentos, de música, o ilustrador realiza un mural relacionado coa historia que se relata. Logo farase unha rolda de prensa: o público preguntará sobre a historia e o debuxo. Rematará cun obradoiro de debuxo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario