Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

10 dic 2012

MARCHA NOCTURNA POLO ENSINO


O vindeiro venres 14 de decembro, toda a comunidade educativa do ensino público de Vigo está convocada a unha marcha nocturna para mostrar o desacordo coa nova ley de educación LOMCE.
A saída será as 20.30 horas dende a Farola de Urzáiz pasando por Colón, ata chegar á Porta do Sol, onde se dará lectura a un manifesto.
Irase vestido/a de negro e con velas. Quen dispoña de pancartas propias reivindicando a calidade do ensino público, pode levalas. Esta marcha soamente levará como emblema, o apoio ó ensino público e de calidade por parte das familias de Vigo. Posiblemente algunha banda de música da cidade participará no evento.(á espera de confirmación)

No hay comentarios:

Publicar un comentario