Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

27 ene 2013

Desaparece o último diario en galego

Malas novas para a prensa escrita no noso idioma. O venres pasado, día 25, saíu a rúa o último exemplar de "De Luns a Venres", o xornal gratuíto en galego do Grupo El Progreso.
Segundo unha información que difundeu o propio medio, o xornal reaparecerá convertido nun semanario o vindeiro 8 de febreiro. Sinalan que o cambio non suporá a desaparición da información diaria, que se reforzará a través da súa páxina web, e que a nova publicación semanal aumentará as páxinas e a tirada, mantendo a aposta polo idioma galego.

A súa edición dixital http://www.galiciae.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario