O día 3 de febreiro (domingo)
imos participar nunha marcha ciclista pola Senda da Auga xunto a familias
doutros colexios públicos de Teis. A saída será ás 11:00 h. dende o
cruce da rúa Vista do Mar coa rúa Pouleira e a rúa Fonte das Mozas. Se queredes
participar xunto cos vosos/as fillos/as tedes que cubrir e depositar na caixa
do correo da ANPA a declaración asinada (revisade as mochilas) antes do día 29
de xaneiro. Se precisades máis información podedes consultar o taboleiro do
colexio, ou chamar ao 609727995.
No hay comentarios:
Publicar un comentario