O venres 8 de febreiro a Concellería de Igualdade abre o prazo para que as mulleres que o desexen poidan inscribirse no Obradoiro "A Voz: unha ferramenta para triunfar" impartido pola actriz Uxía Blanco.
Trataranse as pautas para vocalizar e mellorar a nosa dicción e das técnicas de elaboración das mensaxes, entre outras materias.
A duración do obradoiro serán un total de 16 horas repartidas en 8 sesións de 2 horas cada unha.
Mais información de horarios e datas en: http://www.igualdadevigo.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario