Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

13 feb 2013

CIVIO, Fundación Ciudadana



Nunca se tivo tanta información ao alcance, e sen embargo descoñecemos a autenticidade das novas que nos chegan. Motivados por esta falta de claridade e desinformación cidadá nace Civio, unha organización sen ánimo de lucro que fomenta a cultura da transparencia e o acceso á información pública, así como unha cidadanía activa e implicada.
Naceu inspirada en organizacións que xa existen e funcionan noutros países, como son mySociety no Reino Unido, a Fundación Cidadán Intelixente en Chile,OpenNorth en Canadá ou a 
Sunlight Foundation en EUA.
Está inscrita no rexistro de fundacións o 3 de febreiro de 2012 co número 1441 (CIF G86361862)

Algúns dos seus proxectos informativos:
España en chamas; unha web para visualizar todos os incendios forestais de máis de 100 hectáreas dende 2001
O indultómetro; amosa a información estruturada dos 10.158 indultos publicados no BOE nos últimos 17 anos.
Onde van os meus impostos? permite coñecer canto diñeiro gasta a Administración Xeral e a Seguridade Social e en qué.
O teu dereito a saber; facilita a calquera usuario enviar solicitudes de información ás institucións públicas españolas, sendo os encargados de facerlla chegar ao responsable e avisarnos cando responda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario