O obxectivo é a inserción laboral das persoas demandantes de emprego da provincia de Pontevedra a través da formación ocupacional e profesional adecuada acompañada de práctica laboral mediante a realización dun itinerario de inserción. O número de persoas para seleccionar é de 585 ao longo de todo o proxecto.
As persoas participantes poderán ser beneficiarias dunha bolsa de formación como medida de fomento da formación e aptitude para o emprego.
O horario da formación teórico-práctica será de 5 horas/día, de luns a venres.
Estas accións levaranse a cabo nos anos 2013, 2014 e 2015.
O alumnado que obteña un resultado apto ó rematar a formación específica de cada unha das acción formativas e cumpra coa porcentaxe de asistencia establecida, terá dereito a solicitar o certificado de profesionalidade correspondente.
Información e Rexistro
SedeVigo
Calle Oporto, 3
36201 - Vigo
Mais información www.depo.es , aquelando@depo.es , info.vigo@depo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario