Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

7 mar 2013

Sinbad, a película

O vindeiro xoves 14 de marzo, ás 19:00 hrs. no Auditorio do Multiusos de Chapela, proxectan o filme Sinbad, dirixida por Antón Dobao, e que está baseada na novela de Álvaro Cunqueiro; Se o vello Sinbad volvese ás Illas.



"Sinbad" narra a historia dun vello mariñeiro que rememora, en conversacións con viaxeiros de todo o mundo, un pasado cheo de aventuras que soña con retomar, nun relato característico o realismo máxico de Cunqueiro onde o pasado e o presente se entrelazan constantemente.

O filme foi estreado no ano 2011, dentro da conmemoración do centenario do nacemento do escritor de Celanova.

A actividade realízase como colaboración entre o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e mais as Bibliotecas de Redondela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario