Xa pola tardiña visitaremos en Paraños o Lagar da cera, onde asistiremos a unha demostración de como facían antigamente, os Cereiros, as velas. A ruta durará todo o día co que teremos que levar o xantar, aínda que, coma sempre, os que queiran poderán voltar antes do xantar.
Desprazarémonos en coches particulares, polo que os que non dispoñan de coche deben de comunicalo cando se anotan, para ver as prazas dispoñibles, Os que queiran participar deben volver a anotarse ata o venres 5 de Abril no local da ANPA ou enviando os datos nun e-mail a anpa.frian@gmail.com
INFORMACIÓN SOBRE A RUTA:
PERCORRIDO: ruta circular polo río Xabriña
DIFICULTADE: media
DURACIÓN: 2 horas e media
Levar roupa e calzado cómodo
Levar auga comida e merenda
NON APTA PARA CARRIÑOS DE BEBÉ
PROGRAMA:
10:30 Hrs. – Saída do Colexio.
11:30 Hrs. – Inicio da ruta
14:00 Hrs. – Fin de ruta e Xantar.
16:15 Hrs. – Visita ó Lagar de Cera.
18:30 Hrs. – Volta a Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario