Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

26 abr 2013

AXUDAS MUNICIPAIS para LIBROS e COMEDOR curso 2013/14


A presente convocatoria regula o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (segunda etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso 2013-2014.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e que teñan dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.
O prazo de presentación de solicitudes está fixado do 2 ao 16 de maio de 2013, ambos inclusive.
Estas axudas son incompatibles con calquera outra para a mesma finalidade, de organismos públicos ou privados,  agás as que concede o Concello de Vigo a través das FOANPAS e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia para comedor, comprometéndose o solicitante a comunicar e/ou  reintegrar o concedido polo Concello de Vigo, no caso de ter percibida outra axuda.

Para obter información visitar a páxina de internet www.vigo.org ,no Boletín Oficial da Provincia e tamén en anuncios na prensa local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario