Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

27 may 2013

ANPA Gonderán convida a unha ANDAINA e PASEO en BARCO

O vindeiro domingo 2 de xuño, a Anpa Gonderán organizará unha ruta guiada pola ILLA DE SAN SIMÓN, e un pequeno paseo en barco pola Ría.

A ruta durará duas horas e os que queiran poderán levar a comida e quedar a xantar na Praia de Cesantes. O desprazamento será en coches particulares, polo que os que non dispoñan de coche deben de comunicalo cando se anoten, para ver as prazas dispoñibles. Debido á capacidade do barco, as prazas serán limitadas, polo que é obrigatorio inscribirse para poder asistir.

Os SOCIOS que queiran participar poden anotarse dende o luns 27 de Maio no local da ANPA ou enviando os datos nun e-mail a anpa.frian@gmail.com.
Os NON SOCIOS, poderán anotarse nas prazas vacantes a partir do xoves 30 de Maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario