Información do NOVO DECRETO DE COMEDORES, que
pretende aprobar a Xunta para o curso escolar 2013/14.
Desaparecerá a gratuidade polo transporte escolar, agora vincularase á renda.
Os nenos e nenas escolarizados en centros distintos ós que lle corresponde pola súa área, sexa por motivos persoais ou familiares, NON terán dereito a comedor.
Para cambiar este borrador inxusto, dende Foanpas convócase a unha concentración na Pza. da Estrela o vindeiro sábado 1 de xuño de 13:00 a 16:00 hrs. para comer. Hai que levar mesas, sillas e comida como un día de cámping.
Estanse a repartir follas para a recollida de
sinaturas. Tamén se poden descargar e repartir, para conseguir o máximo número de firmas, e o sábado 1 de xuño, levádeas á concentración, porque si se considera que hai un
número axeitado, quedarán entregadas no rexistro.
Calquera dúbida, chamade á Federación.
Descargar folla para recollida de sinaturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario