A Agrupación Comarcal de Vigo de Esquerda Unida apoia a concentración convocada o vindeiro xoves pola Plataforma en Defensa do Ensino Público en contra da LOMCE e os recortes.
Animamos a todos os afiliados, simpatizantes e en xeral a toda a cidadanía progresista viguesa a participar en dita mobilización.
Tentade acudir VESTIDOS DE VERDE e se tedes a camiseta ENSINO PÚBLICO DE TODOS PARA TODOS levádea.
CONCENTRACIÓN NA FAROLA DE URZÁIZ CONTRA A LOMCE E OS RECORTES
Día: xoves 27 de xuño
Hora: 20:00 hs
Dende as 19:30 hs estará aberta a sede para os que poidades pasarvos para coller a faixa ou bandeiras.
PAREMOS A LOMCE!
NON Á PRIVATIZACIÓN E MERCANTILIZACIÓN DO ENSINO!
Área de Educación de Esquerda Unida da Comarca de Vigo
AGRUPACIÓN COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA EN VIGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario