A Noite Branca: actividades nos museos a noite do 9 de agosto
Iniciativa cultural que ampliará ata as dúas da madrugada o horario dos principais recintos expositivos de Vigo e programa desde as 19.30 varios concertos, novas exposicións e visitas guiadas e teatralizadas.
A rede museística do Concello de Vigo a forman o Museo Quiñones de León, o Verbum-Casa das Palabras, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes, a Fundación Laxeiro, o MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, o Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o CAT-Centro de Artesanía Tradicional.
Todas as actividades da Noite Branca serán gratuítas.
Viaxa en bus turístico durante a Noite Branca
A liña de bus turístico estará a un prezo especial durante esta noite e contará con guía turística oficial, con saída ás 21.00 de Porta do Sol con destino a Museo Quiñones de León e con parada no Verbum e ás 23.00 á inversa, parando tamén no Verbum; o prezo será de 2€ só unha viaxe e de 3€ para o billete de ida e volta.
Más información en vigocultura.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario