Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

5 ago 2013

“ACHÉGATE Á BIOLOXÍA MARINA”

As cunchas sempre atraeron ao home pola súa beleza e colorido o que orixinou a aparición de numerosos coleccionistas. Esta afección comeza xa na infancia cando as persoas na praia recollen numerosos exemplares destas marabillosas cunchas. Neste obradoiro achegaremos ao público infantil os coñecementos básicos sobre os mares e os seres que os habitan, ademais de ensinarlles como facer unha colección de cunchas dun modo sinxelo.
INSCRICIÓN  de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759.

O obradoiro é gratuíto e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
DESTINATARIOS: Público infantil de 5 ata 12 anos.
Dol 1 a 27 de Agosto de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario