Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

14 oct 2013

Aberto o prazo de inscrición para participar en dous obradoiros:

    1.- XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE
Dirixido a: mulleres e homes
Formadora: Rosa Faraldo Rivas (Psicóloga)
Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.
O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas.
Período e horarios: mércores 13 e xoves 14 de novembro de 18:30 a 21:30 h.

2.- COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA
Dirixido a : mulleres e homes
Formadora: Ana Belén Puñal Rama. Xornalista.
Obxectivo: detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe e o seu carácter androcéntrico así como facilitar estratexias prácticas para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.
O desenvolvemento do programa constará de 7 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas e media cada unha.
Período e horarios: sábados 16 e 23 de novembro de 10:00h a 13:30h

Prazas limitadas.
Inscrición previa na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario