O fabricante alemán de compoñentes para automóbiles Bosch ofrece a mozos españois 50 postos de Formación Dual en Alemania.
O programa de Formación Dual comezará no outono de 2014 na sede de Bosch, ao sur de Alemania, e terá unha duración de dous anos e medio.
Para participar neste programa hai que ter entre 18 e 22 anos e estar en posesión de estudos mínimos de ESO ou equivalente.
Antes de viaxar a Alemania para seguir o programa, os mozos seleccionados terán que prepararse nun curso intensivo de alemán en España e prácticas de tres meses en Alemania. Os alumnos seleccionados recibirán ademais apoio para a súa adaptación cultural ao país centroeuropeo.
As persoas interesadas neste programa de Bosch poden presentar a súa solicitude a través da web: www.career-in-bw.es
A Formación Dual centrarase en áreas como mecánica industrial, mecatrónica industrial, mecánica especializada en mecanizado por arranque de virutas ou mecánico de planta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario