Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

7 nov 2013

XII Xornada de nais e pais educando en igualdade. Cidadanía e convivencia dixital

XII Xornada de nais e pais educando en igualdade. Cidadanía e convivencia dixital
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
16 de Novembro de 2013
A xornada consta de sesións informativas dirixidas ás nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico e adaptados á súa idade onde nenos, nenas e adolescentes irán coñecendo baixo parámetros de igualdade e a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, algunhas características do mundo que como nativos/as dixitais lles está tocando descubrir, así como os riscos e responsabilidades asociados a determinadas prácticas que se poden desenvolver online (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying...).
O aforo é limitado polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.   Máis información: http://igualdade.xunta.es/gl/eventos

No hay comentarios:

Publicar un comentario