Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

25 mar 2014

Campamentos de verán con Amigos da Terra!

130207_banho_campa_webÁbrese o prazo de inscrición para os campamentos de 2014 con Amigos da Terra! En As Corcerizas creamos un marco de convivencia e traballo en equipo no que se desenvolven os valores que defende Amigos da Terra baseados no respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva.
Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións, obradoiros creativos, xogos populares, dinámicas de grupo, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis información sobre o enfoque e actividades deste ano.
  • Do 1 ao 7 de xullo8 a 11 anos
  • Do 8 ao 14 de xullo12 a 15 anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario