Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

9 feb 2013

ENTROIDO EN VIGO 2013



Sábado, 9 de febreiro:
Dende as 17.00 animacións de charangas e murgas por todo o centro antes do pasarrúas de comparsas e carrozas do carnaval de Vigo. As 18.00 sae o desfile dende García Barbón (rotonda Isaac Peral), Policarpo Sanz hasta a Porta do Sol.
Domingo, 10 de febreiro:
Carpa instalada na Praza del Rei para os máis pequenos dende as 17.00. Actividades lúdicas, inchables e talleres para público infantil.
Luns, 11 de febreiro:
Seguen as actividades infantís na carpa da Praza do Rei a partires das 17.00 hasta as 20.00
Martes, 12 de febreiro:
Día grande do Carnaval Vigo 2013, as charangas e murgas seguirán animando o centro dende as 17.00 acompañados de Merendeiros no Casco Histórico ao longo de todo o día.
De 18.00 a 20.30 na carpa da Praza do Rei, concurso de disfraces, as inscricións serán de 17.00 a  18.00.
Treboadas as 23.00 dende a Praza da Constitución hasta a Porta ol Sol coa  queima do Meco como remate do día.
Orquestra Marbella na Porta do Sol (1º pase de 22:15 a 23:45 / 2º pase de 00:30 a 02:00)

Mércores, 13 de febreiro:
O peche do Carnaval Vigo 2013 comeza as 18.00 coas exequias funerarias solemnes das comparsas preparando o enterro da sardiña.
Treboadas as 18.30 nas rúas do centro e comitiva do sepelio que recorrerá as rúas dende a Praza da Constitución, Porta del Sol, Príncipe, Colón e Policarpo Sanz rematando de novo na Porta del Sol.
As 19.30 celebraranse os oficios laicos do enterro na Praza da Constitución xunto coa lectura,  o xurado entregará os premios dos concursos de comparsas, carrozas e coplas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario