
O sábado 9, ás 17:30 h,
realizaranse talleres infantís para os máis cativos. A
rapazallada poderá aprender a realizar máscaras e técnicas de maquillaxe, e
tamén gozarán creando figuras con globos mediante técnicas de globoflexia.
O domingo
10 celebrarase o tradicional desfile de comparsas a partir das 18:00
h, que terá o seu punto de reunión e saída no Campo da Feira, para
percorrer despois as principais rúas do concello.
O martes,
12 de febreiro, actuación especial para público infantil, ás 17:30 h, na
Praza da Constitución, a cargo do grupo infantil “Las Pamisuki",
e a esa mesma hora o grupo Percusión Aperta, percorrerá coa súa música as rúas da vila, dando
inicio ao desfile de disfraces.
Ás 18:00 h comezará a actuación
da orquestra Ismael, e como colofón ás celebracións do Entroido
haberá unha festa, a partir das 20:30 h, na que se levará a
cabo a Queima do Meco
No hay comentarios:
Publicar un comentario