Centro de Innovación Cultural
Un espectáculo cómico e poético sen palabras que espertará a imaxinación dos máis pequenos. Esta é a oferta da obra teatral Nuncabunga da compañía Elefante Elegante, a nova sesión de BrincaGaiás que vén de gañar o premio ao mellor espectáculo nos María Casares. Para público a partires dos 3 anos e cunha duración aproximada dunha hora.
A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?
Entradas á venda a partir de 5€ en www.servinova.com e no Punto On da Cidade da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario