Día das Letras Galegas para toda a familia
17 de maio - 12:00 horas
Biblioteca e Arquivo de Galicia
|
A Cidade da Cultura convida a gozar do Día das Letras galegas no alto de Gaiás da man do actor Manuel Manquiña e do grupo Resonet. Será unha dobre homenaxe ao escritor e autor teatral Roberto Vidal Bolaño e á poetisa Rosalía de Castro nunha xornada que arrancará ás 12:00 na Biblioteca e Arquivo de Galicia. Haberá unha actividade paralela para os máis pequenos.
Manuel Manquiña dará lectura ao manifesto de Roberto Vidal Bolaño “Teatro do aquí” e a interpretará unha pasaxe da obra “Días sen gloria” de Vidal Bolaño, estreada neste mes de abril no Salón Teatro baixo a dirección de Fefa Noia.
Tras o teatro, o grupo de música antiga Resonet poralle banda sonora á xornada a través dunha homenaxe a unha das nosas poetisas máis universais: Rosalía de Castro. Tomará dos cancioneiros musicais populares as melodías e ritmos das cantigas nas que se inspirou Rosalía e, dun modo subxectivo, poranlle música a algunhas das poesías máis representativas dos Cantares Gallegos como Has de Cantar, Campanas de Bastabales, Adios ríos, adios fontes ou Airiños, airiños aires.
De balde previa inscrición en www.cidadedacultura.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario