Saúdo

Este blog pretende ser un medio de comunicación para toda a nosa comunidade educativa.
outeirosino@gmail.com www.anpaceipsansalvador.com

21 abr 2014

A Deputación regala máis de 1.100 libros

A Deputación conmemora o Día Internacional do Libro regalando máis de 1.100 publicacións ós que visiten o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico ou a sede de Vigo.
Trátase de obras editadas pola Deputación e que o vindeiro 23 de abril se poderán adquirir de forma totalmente gratuíta, entre as 9:00 e as 21:00 horas, de forma ininterrompida aos pontevedreses que visiten o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Administración provincial, situado na rúa Padre Amoedo, 1, así como ós que se acheguen pola sede de Vigo, na rúa Oporto, 3.

Máis información en http://www.depo.es

Presentación do cómic para adultos "Vida de nai"


Presentación do libro Hada Esther




14 abr 2014

Escola de ciclismo, gratis

O Club Ciclista Vigués e a Entidad Local Menor de Bembrive, organizan a "escuela de ciclismo" todos os sábados de maio de 16:00 a 18:00 horas.

Semana Santa


Nenos e nenas hasta 12 anos NON PAGAN!!


8 abr 2014

Casting para pequenos/as


Lectura económica

Lista de 42 sitios para descargar miles de ebooks gratis de forma legal


Os maios xa están aquí!!

 



PRESENTACIÓN DA FESTA DOS MAIOS 2014
Día 10 de Abril ás 20:00 horas
Auditorio do Multiusos de Redondela

Un alimento a cambio de Zumba

Semana Santa de xogos e diversión

3 abr 2014

VI Semana do Libro, "A Festa das Palabras"


As Bibliotecas de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística organizan novamente a “Semana do libro, a festa das palabras”, que este ano chega á súa sexta edición.
A oferta cultural deste ano está formada por unha exposición multilingüe, charlas e a presentación do libro de Gemma Sesar: VIDA DE NAI. 

27 mar 2014

Ultimos días para asistir

CAMPAMENTOS XUVENTUDE XUNTA- ACCION DE VERAN 2014

Aberto o prazo para solicitar os campamentos de Xuventude da Xunta.


Poderán inscribirse as personas nacidas entre o 1996 e 2005
Remate do prazo o 10 de abril

Hai un sorteo de 10 prazas para aqueles/as que fagan a solicitude a través da web da xunta https://sede.xunta.es/

Bici-Ruta o domingo 30 marzo


Saída: 10.30 horas do Calvario (frente ao Mercado).
Ruta da Auga: O Calvario - Cedeira (Redondela) e volta.

O galego nos medios


Xa está aquí COMO CHO DIGO, unha campaña de visibilización do uso do galego nos medios de comunicación impulsada pola Coordinadora Traballadores-as Normalización Lingua.
Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, para visibilizar o uso do galego na comunicación. 

25 mar 2014

Campamentos de verán con Amigos da Terra!

130207_banho_campa_webÁbrese o prazo de inscrición para os campamentos de 2014 con Amigos da Terra! En As Corcerizas creamos un marco de convivencia e traballo en equipo no que se desenvolven os valores que defende Amigos da Terra baseados no respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva.
Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións, obradoiros creativos, xogos populares, dinámicas de grupo, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis información sobre o enfoque e actividades deste ano.
  • Do 1 ao 7 de xullo8 a 11 anos
  • Do 8 ao 14 de xullo12 a 15 anos